Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
25 de maio 2012

Nani Marquina falará sobre a artesanía como factor innovador do deseño en Sirvent

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A artesanía como factor innovador do deseño será o tema da conferencia que a deseñadora industrial Nani Marquina dará o vindeiro xoves 31 de maio no Espazo Sirvent de Vigo.

Nani, que foi premio nacional de deseño en 2005 e é unha das deseñadoras españolas de alfombras con máis proxección internacional, falará dos diferentes tipos de alfombras tradicionais, de como se elaboran, dos tipos de nós de cada país, das distintas técnicas, ilustrando todo con vídeos e imaxes cos que tratará de explicar todos os pasos do proceso desde a idea, o deseño, a fabricación artesanal, etc. ata chegar ao resultado final.

Día: xoves 31 de maio

Hora: 20.00 h

Lugar: Espazo Sirvent

Gran Vía 129 36204 Vigo España

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.