NO-ISBN
Recentemente o SALON FÜR KUNSTBUCH abriu a convocatoria NON-ISBN para recopilar publicacións de arte.
A única condición para participar é que as publicacións non teñan ISBN. A finalidade da convocatoria é seleccionar 300 publicacións para organizar unha futura exposición. A data límite para presentar publicacións é o 20 de Novembro de 2009. SALON FÜR KUNSTBUCH é un espazo en Viena inaugurado no 2007 polo artista austríaco Bernhard Cella dedicado a mostrar traballos relacionados co campo da publicación.
