Non só unha asemblea xeral
Porque, como xa vén sendo habitual nas últimas edicións, a DAG amplía o formato da asemblea de socios para favorecer o encontro entre deseñadores.

Con este obxectivo, paralelamente á asemblea, propómosvos unha serie de actividades abertas, pensadas tamén para vós, todos os que tedes curiosidade e interese por achegarvos e saber un pouco máis da DAG e dos seus asociados. O programa deste ano inclúe:
11.00 h Unha charla sobre estratexia de marca a cargo dos integrantes de Desoños
12.00 h Descanso – café
12.30 h Presentación de GazeHits: App desenvolvida en Galicia para predicir a atención visual
Aínda que é sabido que os membros de Desoños derrubaron tabiques para facernos sitio ;)
{"code":"Tomámonos en serio a asemblea xeral da @asociaciondag, e tiramos un tabique para acollela o 5 de marzo! #desoñando pic.twitter.com/i6qg5bJGR5
— Desoños (@_desonhos) February 29, 2016
\r\n","ratio":""}
O espazo é limitado, por tanto, se queres vir, avísanos antes no correo: info@asociaciondag.org