Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
21 de novembro 2024

Chega unha nova edición da Galicia Design Weekend

O festival de deseño que forma parte da rede internacional de World Design Weeks volve á cidade da Coruña para ofrecer o último en deseño galego e tamén mostras de referentes internacionais.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Detalle da gráfica da #GDW24

Durante as xornadas do 29 e 30 de novembro, as persoas que asistan á #GDW24 poderán gozar dun completo programa de conferencias, exposicións, obradoiros, música e gastronomía no espazo creativo Studio Follow, fundado polo noso asociado Álex Rico. O acceso será con entrada libre ata completar a súa capacidade.

O evento artéllase arredor de tres eixos:

  • PRO, formado por trece conferencias e tres obradoiros. Food design, intelixencia artificial, produto ilustrado, customización, interiorismo, origami…
  • SHOW, con dúas exposicións, unha dedicada ao deseño galego do último ano, e outra ao talento emerxente, ademais dun espazo físico de venda de pezas das persoas que protagonizan esta edición.
  • SESSIONS, coa participación de doce artistas entre os/as que destacan DJ María ou El Solitario.

Na primeira xornada, en sesión de tarde,​ o festival conta ademais coa presenza do estudio de deseño coruñés Costa, fundado polo socio Dani Bembibre e o seu compañeiro David Silvosa.

A #GDW24 ten como obxectivo promocionar o deseño como sector profesional e cultural de

importancia social e empresarial, creando comunidade, fomentando colaboracións, xerando novos proxectos, formando novas xeracións e abrindo o deseño galego ao exterior.

O festival está organizado por Galicia Design e Follow, co apoio da Xunta de Galicia e outras entidades.

Consulta a programación
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.