Novas

Novagarda, Desoños e Marcos Dopico premiados na 53 edición dos​​ Laus

A Asociación de Diseñadores Gráficos y Directores de Arte do FAD, ADG-FAD, celebrou o pasado 8 de xuño en Barcelona a gala de entrega dos Premios Laus 2023. Un total de 313 traballos premiados entre os que se atopan dos Laus de Bronce para os socios de Novagarda e Desoños xunto con Marcos Dopico.

Deses 313 proxectos presentados, 4 foron Grand Laus, 1 Young Talent, 42 Laus de Ouro, 89 Laus de Prata e 177 Laus de Bronce. Cruz Novillo foi premiado co Laus de Honra pola súa traxectoria profesional e o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona, CCCB, recibiu o Laus Empresas e Entidades pola súa aposta continuada no uso do deseñ​o.

As seis categorías que se premian son Deseño Gráfico, Deseño Dixital, Publicidade, Audiovisual, Estudantes e Aporta.​ O traballo de Desoños, representado por Noelia Estévez, Carlos Álvarez e Susana Rodríguez, encadrábase na categoría de deseño gráfico. Presentaron a tipografía creada en colaboración con Marcos Dopico, para o proxecto gastronómico do cociñeiro galego Pepe Vieira. Pola súa banda, Iago Barreiro e Alberto Carballido de Novagarda, recibiron o galardón polo traballo web realizado para a IGFAE Labs, Instituto Galego de Física de Altas Enerxías​.

Cabe destacar tamén o Laus de Ouro que ​​​levou na categoría de estudante​s​ Belén Cordero da EASD Ramón Falcón de Lugo, polo proxecto fin de grao Letraheridas.​

No xurado desta edición, formado por profesionais de prestixio do sector, participaba o tamén o socio Cibrán Rico, do estudio Desescribir​. Os premios, que este ano celebran a súa 53 edición​, teñen unha longa traxectoria e remarcan o prestixio acadado no sector, ademais de converterse nunha das esperadas cit​as anuais do deseño.