Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
26 de setembro 2023

O 11 ENA​D celebrarase en Cuenca do 27 ao 29 de outubro

Do 27 ao 29 de outubro terá lugar en Cuenca o 11ENAD, o Encontro Nacional de Deseño que reúne ás trece asociacións READ e demais asistentes arredor dun programa amplo que pon en valor o deseño desde a ruralidade e desde a innovación socia​l​.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O deseño do coidado, o deseño con atención, o deseño das relacións, dos sistemas… Como pode contribuír o deseño e, en concreto o deseño para a innovación social, a unha nova forma de planificación urbana e rural? Como podemos deseñar lugares e crear comunidades sostibles coa participación cidadá e doutros grupos de interese?​ Que proxectos existen neste sentido e que novas sinerxias e comunidades poden crearse?​​​

O 11 ENAD articúlase en tres eixos: ecosistema/gobernanza, a sociedade dos coidados e a hibridación/innovación. Baixo estas premisas a organización abre un espazo de traballo colaborativo e de transformación que permita investigar estas problemática​s de xeito profundo; ademais de contar con axentes do tecido produtivo, as entidades públicas e organismos do terceiro sector da rexión para traballar en conxunto con metodoloxías do deseño​ e xerar proxectos estables no territorio.​​​​​

O groso do programa céntrase os días 27 e 28, con relatorios e conversas, presentacións de proxectos onde a nosa socia Natalia Balseiro presentará «Lugares»​, e talleres e mesas de traballo. Estas últimas, coordinadas por representantes das asociacións READ, seguen a dinámica que se viña facendo nos ENAD anteriores: avanzar nos proxectos que hai activos na comunidade e plantexar novas liñas de traballo. Así, as mesas de traballo deste ano son:​​

Mesa: Deseño e educación Coordinada por Juana Valcárcel (DIP) e Daniel Hervás (Diex)

Mesa: SNIC - ICCs Coordinada por Irene García e Uqui Permui (ambas de DAG), coa realización dun taller sobre a ferramenta Kultursistema a cargo de Lander Balza de Conexiones Improbables

Mesa: Boas Prácticas en deseño Coordinada por Ana Rodriguez (DICA)

Mesa: Gráficas en Negro Coordinada por Maria Jesús Bonafonte (DIMAD) e Myriam Cea (DIMAD)

Mesa: Deseño e desenvolvemento territorial (novidade) Coordinada por Silvia González (DIEX) e Félix Rodríguez, coa asistencia de Luis Madrid e Adolfo Chautón.

O domingo 29, as persoas inscritas poderán gozar dunha visita guiada á cidade de Cuenca, Patrimonio da Humanidade, e á Fundación Antonio Pérez.​​ Outros espazos que poderán visitarse durante o encontro son​ o Centro de Arte Alfar de Pedro Mercedes, a Escola de Arte Cruz Novillo, a Sala Acqua e o Museo das Ciencias.​

ENAD no linde. A semana previa realizaranse unha serie de talleres para iniciar as dinámicas de deseño e innovación social con outros axentes do territorio​​:

  • Taller «Sabernos Ecosistema» impartido por Ricardo Antón de Colaborabora.
  • Taller de métodos, técnicas e ferramentas de co-deseño aplicado ao traballo social, impartido por Raquel Pelta.

Os ENAD son eventos anuais organizados por READ e a asociación que nese momento ostenta a presidencia da rede nacional. DAG traspasou este papel a Cuenca Diseño en marzo de 2023, en Mérida, na celebración da Asamblea Xeral.

Máis información e inscricións
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.