Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
3 de agosto 2017

O 5ENAD terá lugar en Valencia os días 21 e 22 de setembro de 2017

Esta quinta edición está coordinada pola ADCV, a Asociación de Deseñadores da Comunitat Valenciana, e contará co apoio da Feira Hábitat Valencia, que abrirá as súas portas o martes 19, e tamén coas Naves, Espai d'Innovación i Creaciò, as dúas sedes que acollerán o encontro. O 5ENAD coincidirá tamén coa Valencia Disseny Week.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Entre as actividades programadas para este ano cómpre destacar:

- A conferencia de abertura "Techonology and The Circular Economy" a cargo de Emma Fromberg, da Ellen MacArthur Foundation

- Seis mesas de traballo colaborativo:

  • Mesa 1. “From Spain With Design”: Avance neste proxecto que procura encontrar fórmulas de promoción internacional do deseño español contemporáneo.
  • Mesa 2. “Memoria do deseño”: Avance na iniciativa para crear un arquivo documental denominado «Memorias do deseño español», baseado no convenio de colaboración asinado entre a READ e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e desenvolvido xunto co Museo Nacional de Artes Decorativas.
  • Mesa 3. “Transferencias 2018”: Para organizar a terceira edición deste encontro multidisciplinar para a adecuación do ensino do deseño ás necesidades sociais actuais.
  • Mesa 4. “Deseño circular”: Para fomentar o coñecemento sobre como o deseño desempeña un papel fundamental na transición á economía circular.
  • Mesa 5. “Organización e financiamento”: Afondamento na estrutura económica das asociacións de deseño para presentar fórmulas de obtención de financiamento que faciliten a súa estabilidade e desenvolvemento.
  • Mesa 6. “Deseñar o deseño”: Reformulación da profesión; procura da vertebración e modernización do sector.

- O encontro cos representantes do deseño de Portugal, país convidado nesta ocasión.

5enad
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.