Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
5 de decembro 2013

O deseñador Antón García Seoane queda finalista no Mercado das Ideas co seu proxecto Coloco

O pasado 26 de novembro, no centro Arts Santa Mónica, déronse a coñecer os finalistas do Mercado das Ideas (MID). O MID trátase dun programa organizado polo Barcelona Centro de Deseño (BCD) que fomenta a creación de oportunidades de negocio e axuda a encontrar financiamento a todos aqueles creadores que teñan un proxecto innovador cun forte compoñente de deseño.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Entre os produtos máis destacados da edición deste ano encóntrase Coloco, o proxecto desenvolvido polo noso socio Antón García Seoane baixo a titorización de Diego Slemenson durante o Máster en Deseño de Mobiliario que dirixe Ricard Ferrer na escola Elisava. Coloco é un sistema modular de asentos destinado ao público infantil de 4 a 6 anos. Cada unha das súas pezas permite a realización de actividades deportivas e para o seu desenvolvemento estudáronse dinámicas de educación física infantil.Ademais, trátase dun crebacabezas que se pode empregar para uso lúdico e para a mellora da psicomotricidade. Coloco propón un avance no ámbito educativo infantil, xa que na actualidade non se dispón dun sistema especificamente deseñado para as actividades de educación física infantil. Trátase dunha reinterpretación da arcaica colchoneta baseándose nos xogos modulares e de contrución e cobre unha necesidade real existente en centro educativos, deportivos e de ocio. O proxecto, que xa foi presentado polo seu creador o martes da semana pasada ante empresas potencialmente interesadas do ámbito infantil, deportivo e do hábitat para propiciar oportunidades de negocio e axudar a achegar o proxecto ao mercado, pode visitarse xunto cos outros proxectos finalistas no Centro de Arts Santa Mónica situado nas Ramblas, nunha exposición que leva por título Da idea ao negocio.

Máis información sobre o MID en

http://www.bcd.es/es/mid.asp?method=page&node=479

e sobre Coloco en http://vimeo.com/80633184

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.