Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
22 de setembro 2011

O domingo remata o prazo para presentar propostas para o Culturgal 2011

A cuarta edición do Culturgal, a gran festa da cultura galega na que o ano pasado participaron máis de 14.000 persoas, volve ao recinto feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra os días 2, 3 e 4 de decembro.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A feira, que está organizada polas máis importantes asociacións do sector coa colaboración das empresas, dos artistas, dos colectivos e das institucións do gremio, é o escaparate ideal para presentar servizos, proxectos e ideas ante as empresas culturais galegas, un espazo de encontro no que coñecer e darse a coñecer.

Pódense presentar propostas de actividades para o Culturgal 2011 ata o 25 de setembro e a convocatoria está aberta a empresas, persoas, asociacións e outras entidades que queiran facer presentacións dos seus produtos, servizos, espectáculos, proxectos... Aínda que non é necesario que a empresa conte cun stand na feira para que a súa actividade sexa elixida para formar parte daprogramación, aquelas empresas cun posto de expositor teñen asegurada a presenza dunha actividade de presentación de proxecto ou produto, sempre dentro dos espazos e formatos preestablecidos. Ademais, as empresas e entidades interesadas en contrataren un expositor, e que o fagan antes do 25 de setembro terán un desconto especial no prezo de contratación. Toda a información necesaria para realizar a contratación do espazo e para optimizar a presenza na feira encóntrase no Manual do expositor.

Consulta os enlaces á documentación relacionada:

Bases da convocatoria de actividades

Formulario de proposta de actividades

Manual do expositor

Formulario de contratación

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.