Novas

O estudio Costa Comunicación Visual premiado nos Anuaria 2015

Catro foron os traballos dos nosos socios Dani Bembibre e David Silvosa recoñecidos por un xurado constituído por representantes das asociacións e centros de deseño:

A revista SONZINE, realizada para Estrella Galicia e galardoada cun Anuaria de Ouro na categoría ao mellor deseño dunha publicación periódica:

O proxecto A PORTA ABERTA / LA PUERTA ABIERTA para promocionar a participación e innovación democráticas no Concello da Coruña, premiado dobremente cun Anuaria de Ouro na categoría de mellor PLV e cunha Selección Anuaria na categoría de mellor campaña de interese social.

Pola súa parte, a identidade VALENTÍN obtivo unha Selección Anuaria ao mellor programa de identidade corporativa.

E unha Selección Anuaria recibiu tamén o catálogo realizado para a firma de iluminación Garay Estudio.