Novas

O feed 2013 arranca!

Mañá venres, día 18 de outubro, darán comezo as actividades do foro de edición e deseño, feed 2013.

Mañá venres, día 18 de outubro, darán comezo as actividades do foro de edición e deseño, feed 2013.

O programa para a primeira xornada dedicada ao deseño gráfico e editorial vén cargado de propostas: cun seminario impartido por César Ávila, charlas e unha mesa redonda que ao final da tarde servirá para pechar a sesión.

As actividades desenvolveranse no seguinte horario:

09:00 h Acreditación dos asistentes ao seminario

09:15 h Seminario con César Ávila: Algunhas prácticas sobre a forma do libro

11:45 h Descanso

12:00 h Seminario con César Ávila (2ª parte)

13:30 h Pausa para xantar

15:30 h Acreditación de asistentes

16:00 h Charla de Uqui Permui: Relacións icónicas coas paisaxes... Entrecruzar gráfico entre O Brasil, Portugal e Galicia

16:45 h Charla de Pancho Lapeña: Charla sorpresa

17:30 h Descanso

17:45 h Charla de César Ávila: Algunhas estratexias sobre a forma do libro

18:30 h. Mesa redonda con César Ávila, Uqui Permui, Pancho Lapeña, Carlos Figueiras e Juan Carlos Pichel. Moderada por Suso Vázquez.

Lugar: Centro Galego de Arte Contemporánea

Rúa Ramón del Valle-Inclán, 2, 15704 Santiago de Compostela

Máis información en: http://feed.asociaciondag.org/