Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
9 de outubro 2008

O Igape convoca os premios para o fomento de creatividade aplicada a través de iniciativas orientadas ao desenvolvemento de Ferrolterra

Ao amparo do convenio asinado polo Igape coas tres universidades galegas e a AIPF e no marco do Plan Integral de Desenvolvemento de Ferrol, Eume e Ortegal, o Igape vén de convocar os Premios para o fomento da creatividade aplicada, segundo a resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Estes premios teñen como obxectivo favorecer a presentación de iniciativas que conduzan ao desenvolvemento de novos produtos ou servizos e á implantación de novos proxectos, para impulsar o aumento da competitividade das empresas e o seu capital humano nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, sen descartar que os beneficios podan trascender ao resto de Galicia.

Segundo as bases, o Igape achegará unha dotación de ata 120.000 euros para incentivar a formulación, presentación e avaliación de iniciativas (ata o próximo 15 de setembro), pre-proxectos ou proxectos, co fin de estimular a colaboración da sociedade civil en xeral e da comunidade universitaria en particular cos obxectivos deste convenio. Poden presentarse a estes premios, que oscilarán entre mil e catro mil euros, tanto persoas físicas como xurídicas, departamentos universitarios ou centros tecnolóxicos.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.