O libro do IV Premio Enor na final dos Premios Visual
O pasado martes, 5 de abril, tivo lugar a gala de entrega dos Premios Visual de Deseño de Libros que convoca anualmente a revista Visual e cos que pretende destacar os deseños das mellores publicacións editadas en español, galego, catalán, éuscaro e portugués.
Entre os finalistas nesta VIII edición, cómpre destacar o traballo de Cibrán Rico e Jesús Vázquez (Desescribir), seleccionado na categoría de libro institucional promocional/de empresa e que finalmente foi recoñecido cun diploma polo xurado.
