Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
17 de xuño 2019

O libro Lugares de Vari Camarés, entre os finalistas de PhotoESPAÑA

Hai uns días facíase pública a listaxe de seleccionados e gañadores no Premio PhotoESPAÑA, o galardón que distingue os libros de fotografía máis destacados do ano en tres categorías: nacional, internacional e libro autoeditado.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Entres todos os libros seleccionadas na edición deste ano, temos que destacar a presenza na categoría de Mellor Libro de Fotografía Nacional de Lugares de Vari Camarés, editado por Fabulatorio, o proxecto editorial dos nosos socios Cibrán Rico e Suso Vázquez.

Este é o terceiro ano en que un dos seus libros obtén algún recoñecemento no PHE, pois Ostalgia, de Simona Rota, levara o premio ao mellor libro de fotografía en 2014 e Boas noites, de Jesús Madriñán, fora finalista nesa mesma categoría en 2016.

Trátase, ademais, do segundo recoñecemento alcanzado pola obra, que xa resultara seleccionada en abril polos premios LAUS, xunto canda outro traballo de Suso e Cibrán: os carteis para a Semana do Libro de Compostela (SELIC).

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.