Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
8 de xuño 2012

O luns 11 de xuño arranca Poñer cousas en orde

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O vindeiro luns, 11 de xuño, arranca Poñer cousas en orde, a nova proposta expositiva do NORMAL. Espazo de Intervención Cultural que organiza o socio da DAG, Dani Bembibre, e que combina a exposición de obras visuais, concertos e charlas. Poñer cousas en orde desenvolverase entre o 11 de xuño e o 20 xullo, corenta días en total, nos que todos aqueles que se acheguen á Coruña poderán asistir a charlas específicas ou a coloquios de recoñecidos creativos e deseñadores españois; participar no Obradoiro de analoxización codeco: iconas animadas que impartirá Esferobite entre o 16 e o 19 de xullo; ir a concertos de grupos e artistas de música electrónica, djs, rock e pop (a proposta inclúe un concerto á semana), ou visitar a exposición que se inaugura este luns 11 de xuño ás 20.00h con obras de GLF, David Silvosa, Álvaro Valiño, Dani Bembibre, Luís Díaz, Jonay Pmatos, Rubén López Ares, Esferobite, Eloi Gimeno e Cecilia Díaz.

Consulta o programa e toda a información sobre horarios, participantes, etc. en: http://pceo.istoenormal.org/

Lugar: NORMAL. Espazo de intervención cultural Universidade da Coruña Paseo de Ronda, 47 15011 A Coruña

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.