O obradoiro experimental Cerámica e gastronomía de Sargadelos despídese cun encontro entre alumnos e deseñadores
Sargadelos pecha o seu obradoiro para explorar novas formas de pezas cerámicas para gastronomía cun encontro entre os alumnos do taller e profesionais de seis estudios de deseño de recoñecido prestixio.
A xuntanza tivo lugar no Castro, a fábrica que Sargadelos ten en Sada e na que se veu desenvolvendo a fase final do taller. Á cita acudiron Javier Díez de Díez+Díez Diseño, Luis Eslava e Lorena Sauras de Luis Eslava Studio, Gabriela Schiavon e Gerard Sanmartí de La Granja, Isaac Piñeiro de Nadadora Studio, Martín Azúa e os galegos Xabier Rilo, Manuel del Río e Ricardo Tubío de Cenlitrosmetrocadrado.
Os deseñadores comentaron os proxectos dos alumnos, puxeron en común experiencias e coñecementos, e tamén reflexionaron con eles acerca dos cambios na cultura gastronómica actual que están a demandar unha reformulación da vaixela tradicional.

