Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
16 de decembro 2018

O redeseño de Óscar Otero para HA! entre os proxectos seleccionados polos Premios CLAP 2018

Os Premios CLAP son uns premios internacionais que recoñecen os mellores traballos de deseño industrial e de deseño gráfico realizados en América Latina, Estados Unidos, Brasil, España e Portugal entre 2017 e 2018.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Na edición deste ano, o traballo do socio da DAG Óscar Otero foi un dos seleccionados polo xurado na categoría de mellor deseño gráfico de sitio web para unha organización.

HA! (ou Historia Arte) é un proxecto conxunto de Miguel Calvo e Óscar Otero que naceu coa vontade de achegar a arte a unha maior audiencia e conseguir que resulte comprensible e gozable para todo o mundo.

A idea inicial da que partiron foi “unha obra de arte ao día”, de modo que cada día unha obra de arte relevante polo seu significado artístico ou histórico é presentada ao público dun xeito didáctico e ameno. Neste momento as obras analizadas roldan as 1000 e a web dispón, ademais, de moita información adicional de consulta sobre os máis variados temas: artistas, movementos, técnicas, museos, efemérides etc.

Entre os aspectos máis relevantes do redeseño cómpre destacar o sistema de navegación, onde o contido funciona como interface, e con coidadas transicións entre páxinas que melloran a percepción de velocidade de carga e logran que a navegación resulte máis dinámica.

Desempeñan tamén un papel importante a cor, sempre en estreita relación con coas obras de arte para contribuír a que a experiencia do usuario sexa máis inmersiva, e o layout, que muda para adaptarse ás medidas das diferentes pezas. No caso da tipografía, empregouse un sistema baseado na proporción áurea.

Trátase da segunda mención que colleita a web, que hai uns meses xa fora premiada nos Premios Awwwards cunha Honorable Mention, un Mobile Excellence e seleccionada como Mobile site of the week.

As persoas interesadas en coñeceren polo miúdo todos os detalles relativos ao redeseño poden ler a serie de sete artigos, cada un deles centrado nunha parte específica do desenvolvemento: presentación, tipografía, layout, cor, artigos, navegación e rompendo algunhas regras, con que Óscar Otero foi documentando o proceso completo.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.