Obradoiro de caligrafía árabe no Festival Amal 2011
O Festival Internacional de Cine EuroÁrabe Amal que organiza a Fundación Araguaney-Puente de Culturas, nesta novena edición, incorpora como novidade entre as súas actividades paralelas, un obradoiro de iniciación á caligrafía árabe.
Ihab Al Oumaoui, arqueólogo sirio e especialista en caligrafía árabe, será o encargado de impartir este taller que contará cunha parte teórica na que o profesor explicará as orixes e a historia da caligrafía árabe ata a actualidade e unha parte práctica na que os alumnos aprenderán o corte do Qalam, a preparar as tintas e o papel e poderán asistir a unha demostración do profesor con exemplos dos estilos tratados. O custo da inscrición son 30 euros e inclúe o material necesario para a realización do taller. O obradoiro celebrarase este sábado 22 de outubro na Fundación Araguaney-Puente de Culturas (Montero Ríos 25-27, 15706 Santiago de Compostela) en horario de 10.00 a 14.00 h. Podes consultar toda a información en Obradoiro de caligrafía árabe Contacto e reservas: formacion@araguaney.com
