Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
31 de outubro 2019

Obradoiro de novos materiais para packaging sustentable no CIS Ferrol

GAIN organiza un novo obradoiro sobre novos materiais no CIS Ferrol o vindeiro 14 de novembro, dirixido a profesionais do deseño, persoal investigador do campo dos novos materiais, estudantes de deseño e empresas.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A xornada comezará coa presentación dos servizos que se prestan a través da Materioteca de Galicia, que acolle o obradoiro nas súas instalacións e que cumpre cinco meses a disposición de empresas e profesionais do deseño.

Posteriormente, serán expostos os novos desafíos e tendencias de innovación no envasado de alimentos, ámbito sobre o que tamén se presentarán as últimas solucións sustentables. Os desafíos do sector do comercio, as normas internacionais sobre sustentabilidade no envasado e as posibilidades que ofrecen os novos materiais creados en Galicia para o packaging completan a sesión expositiva.

A segunda parte do obradoiro centrarase nunha actividade práctica limitada á participación de 50 persoas, na que se presentarán materiais innovadores para packaging sustentable e se traballará en grupo para xerar novas ideas e resolver desafíos. Será impartido por Material ConneXion Bilbao, o maior centro internacional especializado en materiais innovadores e procesos de transformación, socio da Materioteca de Galicia.

De xeito paralelo ao obradoiro, os asistentes poderán participar en reunións bilaterais co fin de facilitar a transferencia e buscar posibles sinerxías ou colaboracións entre empresas, empresas e profesionais do deseño ou empresas e grupos de investigación.

Ligazón ao programa completo: http://www.cisgalicia.org/contactos/plantillas/packaging_taller/programa.pdf

Inscrición na sesión informativa + obradoiro (xornada de mañá e tarde, límite 50 persoas): http://www.cisgalicia.org/contactos/campan/inscribir/19

Inscrición na sesión informativa (xornada de mañá, sen límite de asistentes): http://www.cisgalicia.org/contactos/campan/inscribir/18

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.