Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
16 de xuño 2011

Obradoiros de creación Artesanía/Deseño

Un deseñador de moda e un artesán serán os encargados de impartir conxuntamente cada un dos tres obradoiros de creación que se desenvolverán do 4 ao 6 de xullo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra en horario de 10.00 a 14.00 da mañá e de 16.00 a 19.00 da tarde.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Resultado desta combinación son as parellas formadas polo deseñador de moda Carlos Díez e o cesteiro Carlos Fontales, por Natalia Pérez e Jorge Bolado da firma American Pérez e a tecelá Anna Champeney e por Nando Cornejo de Potipoti e mais a cesteira Idoia Cuesta. Os obradoiros, que son gratuítos, están organizados polo Grupo de Investigación DX7 da Universidade de Vigo ESDEMGA e coordinados por Rocío Gómez, Cristina Varela e Silvia García, baixo a dirección de Lola Dopico. Para anotarse, hai que cubrir a folla de inscrición e enviala xunto co teu currículo ou portfolio e mais unha pequena explicación acerca dos teus motivos para inscribirte a info.esdemga@uvigo.es antes do 30 de xuño. Máis información na páxina de ESDEMGA

Descargar
Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.