Os estudos de Deseño estarán presentes na Mostra do Ensino 2012
Os estudos de Deseño estarán representados na Mostra do Ensino 2012 que se celebrará en Expocoruña do 11 ao 14 de abril a través da EASD Pablo Picasso. Nesta mostra coa que se pretende dar a coñecer entre a cidadanía todas as posibilidades formativas que ofrece o sistema educativo galego, a EASD da Coruña participará cos traballos realizados polo alumnado do centro e tamén con obradoiros demostrativos co fin de mostrar as diferentes técnicas e xeitos de traballar na Escola. Os profesores das materias serán os encargados de desenvolver cada un dos obradoiros no seguinte horario:
Obradoiro de modelado A cargo dos profesores Miguel Alonso Oural e Juan Ramón Pérez Demostración, por parte de profesores e alumnos, das técnicas de traballo en barro partindo dun modelo figurativo O mércores 11 de abril, das 10 ás 14.00 h, e das 16 ás 20.00 h
Obradoiro de ilustración A cargo das profesoras Beatriz Garcia Trillo e Clara López Torres Explicación das profesoras ao alumnado dos procesos técnicos da ilustración e realización dunha actividade práctica O xoves, 12 de abril, das 10 ás 14.00 h
Obradoiro de fotografía A cargo da profesora Concha Salgado Realización de retratos de estudio O xoves 12 de abril, das 16 ás 20.00 h
Obradoiro de cerámica A cargo do profesor Anxo Cao Realización de obras a partir dos procesos de modelado, reprodución e realización de decoración a cor aplicada ás pezas O venres 13 de abril, das 10 ás 14.00 h
Obradoiro de madeira A cargo do profesor Francisco Gómez Breve explicación das posibilidades de uso das ferramentas profesionais e execución de traballos de talla en madeira O venres 13 de abril, das 16 ás 20.00 h
Obradoiro de maquetas A cargo dos profesores Miguel Alonso Oural e Gonzalo Porral Mato Demostración dalgunhas das fases nas que se desenvolve a produción dunha maqueta O venres 13 de abril, das 16 ás 20.00 h
Lugar: ExpoCoruña
Avenida da Universidade, 15008 A Coruña
