Os Premios Laus recoñecen os nosos deseñadores
O pasado venres, no transcurso da Nit Laus, desvelábase por fin a lista completa dos premiados cun Laus.
Os Laus son uns prestixiosos galardóns que outorga a Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte (ADG-FAD), e que cada ano recoñecen os mellores traballos de deseño gráfico e comunicación visual en España.
Un ano máis, como xa vén sendo habitual nos últimos tempos, este tamén temos que celebrar a presenza de deseñadores da DAG entre os premiados:
Moitos parabéns a Ricardo Tubío e Xabier Rilo (cenlitrosmetrocadrado) premiados cun Laus de prata na categoría á portada de libro.

El trayecto de un anhelo de cenlitrosmetrocadrado para Grupo Arial.
E tamén a Suso Vázquez e Cibrán Rico (desescribir), gañadores de dous Laus de bronce na categoría de libro completo: un por Günter Förg. Verfolgen Malerei e o outro por La cobla patafísica 2001-2015. Cabo SanRoque.

Günter Förg. Verfolgen Malerei de desescribir para a Fundación Luís Seoane.

La cobla patafísica 2001-2015. Cabo SanRoque de desescribir para Arts Santa Mònica e Fabulatorio.
Dous Laus que se veñen sumar a outros recoñecementos como o do Premio Photoespaña que incluía recentemente Boas Noites, unha obra do seu selo editorial Fabulatorio, na lista dos 10 finalistas ao mellor libro de fotografía editado en 2016.

Boas Noites de Jesús Madriñán editado por Fabulatorio.
Ou o León de Ouro conseguido polo pavillón español na Bienal de Arquitectura de Venecia, para o que deseñaron a gráfica.

Deseño de identidade de desescribir para o pavillón español na Bienal de Arquitectura de Venecia 2016.