Os Premios Nacionais recoñecen a artesanía galega
Abofé que era moi difícil que este ano a artesanía galega non levase premio, sobre todo se temos en conta que había candidatos galegos nominados en todas as categorías dos Premios Nacionais.
Arturo Álvarez (iluminación) optaba ao Premio Nacional de Artesanía, a zoqueira Elena Ferro Lamela estaba nominada ao Premio Produto e a Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño. Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, ao Premio Promociona para entidades públicas.
Finalmente e, como non podía ser doutro xeito, dous foron os galardoados galegos: a empresa Cerámica Regal de Viveiro, co Premio Promociona que recoñece a contribución das entidades privadas na promoción da artesanía, e a cesteira Idoia Cuesta, que recibiu unha mención na categoría Innova que premia os produtos que apostan pola innovación no eido da artesanía.
Máis información en: Premios Nacionais de Artesanía
