Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
13 de decembro 2019

Os Premios Paraugas de Deseño son para...

Os Premios de Comunicación e Marketing de Galicia (Premios Paraugas) naceron en 2016 para pór en valor o traballo das empresas e dos creativos e das creativas de Galicia. A gala de entrega da cuarta edición celebrouse o pasado 29 de novembro en Expourense.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Totan, Perfeccionista, Resistencia

Un ano máis, o deseño galego continúa a mostrar o seu músculo. De entre as 77 candidaturas aos Premios Paraugas nas categorías de Deseño, patrocinados por GAIN, Axencia Galega de Innovación, os gañadores foron os seguintes:

— Premio Paraugas ao mellor Deseño Industrial Totan, de Isaac Piñeiro; pola profesionalidade da proposta, a dificultade da encomenda e a capacidade de ordenar forma e función tendo en conta as limitacións orzamentarias e os criterios de sustentabilidade no emprego de materiais.

— Premio Paraugas ao mellor Deseño Gráfico Perfeccionista, de Roberto Núñez (DAG); pola súa calidade gráfica, impacto visual, solidez técnica e polo emprego da linguaxe visual como unha ferramenta que procura unha mellora competitiva no mercado dos viños.

— Premio Paraugas ao mellor Deseño Dixital Resistencia desde 1906, de Tony Le Brand (DAG); pola consistencia e coherencia nas aplicacións dixitais que achegan valor engadido ás campañas para as que foron creadas.

Tony Le Brand obtivo, ademais, o Premio á mellor Creatividade Gráfica por Resistencia desde 1906 - 0,0; e á mellor Creatividade Audiovisual por Fábrica de cervexas - Percebes - Segunda Edición.

Nesta edición o xurado estivo composto por unha representación 100% DAG: Ricardo Tubío, de cenlitrosmetrocadrado; Noelia Estévez, de Desoños; e Suso Vázquez, de Desescribir.

Durante a gala tamén se entregou o Premio Paraugas Honorífico a Cruz Novillo, homenaxe que recolleu o seu fillo e socio en Cruz Más Cruz, para recoñecer a figura dun profesional coñecido pola súa obra pero moi descoñecido pola sociedade despois de moitos anos traballando en silencio para deseñar España.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.