Óscar de Castro premiado cun Laus polo seu cartel para o 50 aniversario das Letras Galegas
Hoxe soubemos que os dous Laus a desescribir non son os únicos concedidos a deseñadores galegos. Hai aínda un Laus de bronce máis, o que levou Óscar de Castro polo cartel de Luís Pimentel que realizou para o proxecto A volta ás letras en 50 días promovido pola DAG con motivo do 50 aniversario do Día das Letras Galegas.

Como recordaredes, tratábase dunha iniciativa realizada en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Real Academia Galega (RAG) e que reuniu a deseñadores e escritores para traballar conxuntamente na elaboración de 50 carteis, un por cada unha das figuras homenaxeadas nos 50 anos de vida da efeméride.