Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
19 de febreiro 2010

Pecha Kucha Night por Haití

O sábado día 20 de febreiro, en máis de 150 cidades, terá lugar unha noite Pecha Kucha por Haití que será retransmitida en directo, vía Internet, durante 24 horas.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O motivo: mobilizar aos creativos de todo o mundo para recadar fondos para a reconstrución de Haití. A onda de presentacións global comezará en Tokío (ás 11:00 horas de aquí) e rematará en San Francisco, onde está situada a sede de Architecture for the Humanity —a organización que levará a cabo as tarefas de reconstrución e a onde serán destinados os fondos recadados—. Na url abaixo indicada poderemos gozar desta retransmisión en directo e facer un donativo vía pay pal ou tarxeta de crédito Pola nosa banda, estamos procurando organizar un evento en Santiago de Compostela co mesmo fin no mes de marzo. Todos aqueles interesados en participar expoñendo os seu proxecto creativo podedes dirixirvos a pechakucha@martinovillaverde.com http://www.pecha-kucha.org/pechakucha-for-haiti

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.