Pencil nos D&AD awards para desescribir por segundo ano consecutivo
O catálogo Günther Förg deseñado por desescribir para a Fundación Luis Seoane acaba de ser recoñecido cun Pencil na categoría Book Design/Entire Books.
Con esta xa son dúas as veces en que os D&AD awards seleccionan un traballo do estudio galego, quen xa o ano pasado resultara premiado, tamén na mesma categoría, polo fotolibro Ostalgia de Simona Rota.
A cerimonia de entrega de trofeos será o próximo 21 de maio en Londres, no transcurso da cal será desvelada, por fin, a cor do lapis gañado por cada un dos premiados: madeira, grafito, amarela, branca ou negra (o máximo galardón).
{"code":"","ratio":"66.406"}