Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
31 de outubro 2012

Premio INNOVA-Galicia 2012 ao mellor deseño web para Desoños

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O pasado venres 26 de outubro puidemos coñecer por fin os gañadores dos Premios INNOVA-Galicia 2012, uns galardóns que concede a Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC) e cos que cada ano distingue aquelas empresas, entidades, profesionais do sector TIC e produtos e servizos tecnolóxicos ou de Internet máis innovadores e con maior maior proxección. Nesta terceira edición, optaban aos premios 71 candidaturas repartidas en 5 categorías, pero a nós a que máis nos interesa é a de “Mellor deseño web”, porque entre os premiados temos a dous dos nosos socios: Carlos Álvarez e Noelia Fernández. A súa empresa, Desoños, foi a que se encargou de realizar o sitio web www.delagro.org premiado polo xurado nesta categoría. Trátase dun traballo para a cooperativa Delagro integrada por máis de 40 cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia; que suman entre todas máis de 17.000 asociados. O sitio está formado por unha parte pública, aberta a calquera que se achegue ao web, e unha parte privada, de acceso restrinxido aos asociados. A parte pública inclúe a información corporativa (departamentos, cooperativas asociadas e marcas propias) e os servizos ofrecidos aos seus asociados (subvencións, ligazóns, guías de compras). A parte privada utilízase como unha ferramenta de comunicación entre Delagro e os seus cooperativistas. Desenvolveuse ademais un blog corporativo. Con este, Desoños suma dous premios xa, posto que na edición do ano pasado recibiran tamén o premio dos internautas ao “Mellor desenvolvemento 2.0” polo seu sitio www.mariafechoria.com

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.