Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
17 de abril 2023

Premio Josep Albert Mestre para Natalia Crecente e Eva Valle co proxecto Universo Reich

A segunda edición dos​​ Premios Josep Albert Mestre á Investigación para a Mellora da Calidade Educativa para traballos ou experiencias pedagóxicas de docentes concederon o segundo premio á socia Natalia Crecente e a súa compañeira na EASD Ramón Falcón,​ Eva Valle, polo proxecto Universo Reich. ​

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O proxecto Universo Reich é unha proposta pedagóxica interdisciplinar e intercentros no ámbito das Ensinanzas Artísticas de Réxime Especial. Ao proxecto educativo da academia internacional Cardinais de Vertixe Sonora súmase a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, alumnado dos Conservatorios Profesionais de música de Galicia e o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

A unión de alumnado de música, danza, deseño gráfico e de interiores, serigrafía e fotografía (102 participantes en total), acompañado por unha ducia de docentes de distintas especialidades, permitiu levar a cabo a representación da lexendaria obra «Music for 18 musicians» do compositor americano Steve Reich. Toda unha experiencia de aprendizaxe con ton colaborativo. A peza representouse o pasado 11 de abril dentro do XI Ciclo de Música Contemporáea de Lugo MIHLSons, organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Desde a súa creación en 1997 a Confederación de Escolas de Artes Plásticas e Deseño promoveu iniciativas para mellorar as prácticas educativas. Entre elas cabe sinalar a celebración de xornadas, cursos e seminarios, e a convocatoria dos Premios Mestre á Excelencia das Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño que recoñecen cada ano o labor dos alumnos e alumnas no seu proxecto final. Todas estas propostas quixeron cumprir cos obxectivos da Confederación de Escolas de Artes Plásticas e Deseño que queren impulsar a calidade e mellora da educación, así como o desenvolvemento das competencias necesarias na sociedade do coñecemento.

O propósito destes premios é fomentar entre os docentes dos centros, actividades investigadoras e a elaboración de estudos e traballos innovadores que contribúan ao desenvolvemento da aprendizaxe do alumnado, a súa preparación para a súa futura inserción social e profesional e, en definitiva, ao reforzo das capacidades e actitudes requiridas para participar plenamente e de forma responsable na sociedade.

Proxecto Universo Reich
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.