Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
1 de marzo 2021

Entrega dos Premios Galicia de Innovación e Deseño 2020

O pasado venres, 26 de febreiro, celebrouse a entrega de premios da primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño, promovidos pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A cerimonia foi retransmitida en directo a través da canle de Youtube do Programa Deseño para a Innovación, iniciativa na que se integra a convocatoria dos premios. Os Premios Galicia de Innovación e Deseño teñen como principal obxectivo recoñecer o labor de profesionais e empresas que contribúen ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño. Dende a Asociación Galega de Deseño celebramos esta iniciativa porque supón o recoñecemento do valor da nosa profesión e contribúe á súa visibilización como factor estratéxico.

As gañadoras e gañadores desta primeira edición na sección de Deseño foron:

  • Profesionais: Ricardo Tubío, Xabier Rilo e Javier Aliste do estudio Cenlitrosmetrocadrado.
  • Deseñadores/as mozos/as: Eva Yarza Hilario do estudio Yarza Twins.
  • Empresas (premio honorífico): Televés, pola incorporación do deseño á estratexia empresarial.

Aplaudimos ás persoas e empresas premiadas e trasladamos os nosos parabéns tamén ás finalistas:

  • Profesionais: Dani Bembibre e David Silvosa (Costa) e Antonio Parcero e Alberto R. Monteniel (Fruto DS).
  • Deseñadores/as mozos/as: Bea Lema Rivera e Sofía Blanco Santos.
  • Empresas: Bico de Xeado e D-Due.

Queremos felicitar especialmente aos nosos socios Ricardo Tubío, Xabier Rilo, Dani Bembibre e David Silvosa. E tamén a Manuel del Río, pola súa aportación na traxectoria do estudio Cenlitrosmetrocadrado.

Na sección Innovación os galardóns foron para Francisco Guitián (director do Instituto de Cerámica de Galicia da USC) na categoría traxectoria innovadora, Marine Instruments na categoría de pemes, e Cupa Stone como gran empresa (premio honorífico).

Agardamos que esta sexa a primeira de moitas outras edicións duns premios nos que o traballo dos e das profesionais do deseño recibe o recoñecemento da administración pública de Galicia.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.