Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
3 de setembro 2021

Premios Galicia de Innovación e Deseño 2021

A segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño convocados pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, englóbanse dentro do marco do Programa Diferenza 2024.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os premios buscan de novo recoñecer o traballo de profesionais e empresas que contribúen á mellora do sector do deseño en Galicia e, tamén, o labor de persoas e empresas galegas que apostan claramente pola innovación na súa estratexia empresarial. Divídense en dúas grandes categorías, Innovación e Deseño, contando con cadanseu xurado profesional. Dentro da sección Innovación, recoñécense a persoas e empresas con traxectorias e prácticas innovadoras en tres categorías diferentes: traxectoria innovadora, pequena e mediana empresa e gran empresa (premio honorífico). Na sección Deseño, recoñécese a persoas e empresas que mellor representen a contibución do deseño galego á innovación en tres categorías distintas: profesionais, deseñadores/as mozos/as e empresa (premio honorífico). Salvo os premios honoríficos, o resto teñen unha dotación individual de 15.000€.

As candidaturas deberán ser presentadas por medios electrónicos a través do formulario normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas e empresas interesadas en presentar a súa proposta teñen de prazo ata o día 13 de outubro de 2021.

Web dos premios
Bases dos premios
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.