Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
23 de xullo 2025

Premios Nacionais de Deseño 2025

Estes galardóns distinguen a profesionais e entidades que integran o deseño na súa estratexia de crecemento e desenvolvemento empresarial. Nesta edición, Patricia Urquiola, Diego Areso, Miguel Leiro e a empresa Viccarbe Habitat foron as premiadas.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os Premios divídense en dúas grandes categorías, a de deseño e a de innovación, e dentro de cada unha delas atopamos catro modalidades. Nesta edición, o xurado da categoría de deseño, presidido pola secretaria Xeral de Innovación, Teresa Riesgo Alcaide, e formado por Leticia Sastre Sánchez, Héctor Serrano Barbeta, Manuel Blanco Lage, Cristina Busquets Morales, Ariel Guersenzvaig e Ignacio García Fenoll como secretario, premiou a:

Patricia Urquiola na modalidade de Traxectoria en Deseño, como figura indiscutible do deseño español a escala internacional cunha carreira excepcional transformando o deseño contemporáneo, ademais da súa contribución á súa difusión no resto do mundo. O seu traballo está caracterizado pola fusión de innovación tecnolóxica, unha sensibilidade artesanal e o compromiso coa sustentabilidade, renovando profundamente a visión do deseño do século XXI cun enfoque humanista, experimental e social.

Viccarbe Habitat na modalidade de Deseño e Empresa, como referente internacional no deseño e fabricación de mobiliario contemporáneo e expoñente indiscutible do mellor deseño español de inspiración mediterránea. O xurado destacou a súa capacidade de reunir excelencia, innovación, calidade e compromiso medioambiental nun modelo de integración do deseño na súa estratexia empresarial; fomentando a interacción e a creatividade nos entornos laborais, educativos e nos fogares de moitas persoas en todo o mundo.

Miguel Leiro na modalidade de Novo Profesional do Deseño, como expoñente e exemplo dunha gran xeración de novos deseñadores e deseñadoras, con capacidade para dinamizar e visibilizar o deseño emerxente en España, tecer redes e buscar sempre un enfoque pedagóxico e multidisciplinar nas súas iniciativas. A súa maior aportación ao ecosistema do deseño español foi a fundación e dirección da asociación cultural Office of Design e da bienal Mayrit, unha plataforma que abre espazos creativos a novos talentos e propostas arriscadas.

Diego Areso cunha Mención Especial na modalidade Trayectoria en Deseño, pola súa aportación ao deseño editorial e gráfico en España e o impacto do seu traballo na transformación dixital da prensa escrita, cunha visión innovadora da arquitectura da información e a súa destacada capacidade para dotar de identidade gráfica a cabeceiras de referencia; contribuíndo con elo ás grandes transformacións sociais da era dixital tanto en España como en Hispanoamérica.

O carácter destas distincións é honorífico, salvo a de Traxectoria en Deseño, dotada con 50.000 euros, e a de Novos Profesionais do Deseño, con 30.000 euros.

Parabéns!

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.