Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
10 de novembro 2020

Os premios nacionais de innovación e de deseño son para…

O Ministerio de Ciencia e Innovación vén de anunciar os gañadores dos Premios Nacionais de Innovación e Deseño, tres na categoría de innovación e tres na categoría de deseño, onde ademais houbo dúas mencións especiais.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O Premio Nacional de Deseño na modalidade «Profesional» foi para o valenciano Pepe Gimeno, en recoñecemento á súa longa traxectoria como deseñador e «por ser embaixador do deseño español no mundo». Nesta mesma categoría, Isabel Inés Casasnovas recibiu unha mención especial. A organización destaca «o seu labor pioneiro no asentamento e expansión das diferentes disciplinas do deseño emerxente».

O Premio Nacional de Deseño na modalidade de «Empresa» foi para a tamén valenciana LZF Lamps, galardoada por defender unha estratexia baseada no deseño e na sostibilidade medioambiental, desenvolvendo produtos e proxectos de instalación singulares. O noso socio e compañeiro Anxo López tamén ten motivos para a celebración porque, nesta categoría, a empresa BBVA, na que lidera a estratexia de deseño, recibiu unha mención especial polo éxito na integración do deseño non tanxible. O xurado destacou neste caso «a súa contribución indiscutible na difusión da cultura do deseño, acompañada dun inestimable labor pedagóxico».

O Premio Nacional de Deseño na modalidade «Novos Creadores» foi para as irmás Eva e Marta do estudio Yarza Twins, valoradas polo xurado «pola súa habilidade para conseguir solucións diferenciadas e sorprendentes, transcendendo ao ámbito internacional».

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.