Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
19 de xaneiro 2009

Presentación do libro

Preséntase un novo número da revista Creatividade Galega

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Un ano máis queremos agradecer a súa participación en Creatividade Galega, así como a confianza depositada neste proxecto, promovido por tres profesores da Universidade de Vigo e que conta co respaldo de Galicia Calidade e a Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Na edición de 2009, contamos tamén co apoio das dúas organizacións profesionais de Galicia: a Asociación de Deseñadores de Galicia (DAG) e a Asociación Provincial de Axencias de Publicidade de Pontevedra (APAP), que participaron activamente na selección dos traballos e a edición do anario. Mañá, ás 12 horas, terá lugar a presentación publica do libro no hotel AC Palacio do Carmen (rúa Oblatas s/n, Santiago de Compostela), nun acto onde todos/as os/as asistentes recibirán un exemplar gratuíto. Moi pronto iniciaremos a súa distribución, informándolles dos puntos de venda a través da nosa páxina web www.creatividadegalega.es. Esperamos que o traballo realizado lle satisfaga e poidamos contar coa súa presenza para o ano que vén. Afectuosamente, CHECHU PÉREZ EVA QUINTAS ALBERTO DAFONTE Creatividade Galega.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.