Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
12 de decembro 2024

Presentación do libro A Galicia Deseñada na Coruña

Hoxe xoves 12 de decembro ás 20.00 ​h​ terá lugar na Sala Cubo de Normal, na Coruña, a presentación do volume A Galicia deseñada, con autoría​ ​de Marcos Dopico, Cibrán Rico e Suso Vázquez, e coeditado entre Fabulatorio e a Universidade da Coruña.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Fotografía: Fabulatorio

O libro parte da exposición mostrada en Normal-Espazo de Intervención Cultural (UDC) entre o 14 de outubro de 2022 e o 14 de xaneiro de 2023. ​​Mostra un percurso único pola historia do deseño galego, a través dunha selección de cen símbolos, marcas e identidades gráficas que axudan a entender a evolución do patrimonio gráfico galego.

A Galicia deseñada traza unha secuencia narrativa de cinco períodos históricos —dos antecedentes á contemporaneidade— e establece pontes entre épocas, interprentando a historia como un relato colectivo. Conta con 700 páxinas editadas en galego e inglés ​e divídese en tres partes:​​ unha primeira, con textos que exploran a nosa memoria gráfica no contexto dos grandes movementos globais; unha segunda, que presenta cen marcas acompañadas de explicacións contextuais; e unha terceira, de 250 páxinas, que reúne fotografías de aplicacións gráficas en soportes tan diversos como carteis, libros ou obxectos. Busca ser unha obra de referencia para a divulgación, consulta e inspiración para profesionais do presente e do futuro; tomando conciencia do noso patrimonio tamén a t​ravés do deseño como ferramenta ao servizo da sociedade​​.

O traballo de moitos socios e socias de DAG que puidemos ver naquela exposición pasa agora ao formato libro co fin de preservar este patrimonio co paso do tempo. O socio Pepe Barro aporta ademais textos a esta completa publicación.​

A entrada á Sala Normal é libre ata completar capacidade. Haberá libros á venda, mais tamén poden adquirirse na web da editora Fabulatorio.​ ​

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.