Presentación do proxecto A volta ás Letras en cincuenta días
Este venres 1 de xuño inaugúrase nos Xardíns de San Carlos da Coruña a exposición, a ceo aberto, cos 50 carteis realizados en colaboración por 50 deseñadores e 50 escritores galegos con motivo do aniversario do Día das Letras Galegas. O acto de presentación terá lugar ás 19.30 h e nel intervirán os deseñadores e escritores que traballaron nos carteis e tamén representantes das asociacións e das entidades participantes no proxecto: A volta ás Letras en cincuenta días co que os deseñadores galegos lles quixeron render o seu tributo a todos os escritores homenaxeados nestes 50 anos. Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega (RAG), será o encargado de pechar este acto que estará aberto a todo o público. Descarga o convite:
