Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
24 de novembro 2010

Presenza galega na bid_10

Tres traballos de deseñadores galegos seleccionados para representar a España na exposición da bid_10.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Hachedè visual do estudio lugués Sond3 diseño&desarrollo foi o traballo destacado e premiado polo Xurado Internacional da II Bienal Iberoamericana de Deseño na categoría dixital. Os outros dous seleccionados foron a identidade da Librería Formatos de Xosé Teiga, na categoría de gráfico, e o traballo de Desoños: Grupo de Teatro Chévere - http://www.grupochevere.eu/. A bid é unha mostra de Deseño Iberoamericano que se celebra cada dous anos en Madrid, convocada e organizada pola Central de Diseño e Dimad (Asociación de Deseñadores de Madride Fundación Deseño Madrid), e que aspira a converterse nunha das citas máis importantes de promoción do deseño contemporáneo que se realiza en Latinoamérica, España e Portugal. Os temas transversais da presente edición que se desenvolverá entre o 22 e o 26 de novembro en Matadero Madrid son “Deseño para todos” e “Deseño para o desenvolvemento”. Máis información en bid_10

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.