Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
31 de xaneiro 2013

Probeta, entre os proxectos finalistas aos Premios Eganet

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Eganet, a asociación de empresas galegas adicadas a Internet e ás novas tecnoloxías fixo públicas as candidaturas finalistas aos seus Premios Eganet que se entregarán mañá día 1 de febreiro nunha gala de premios que este ano se celebra conxuntamente coa 3rd Lacon Network no Palacio de Exposicións e Congresos de Santiago de Compostela.

Entre os finalistas de 2012, en concreto na categoría de Proxecto Colaborativo Empresarial TIC, temos que destacar a presenza da Navalla Suíza, Ekinocio e Cenlitrosmetrocadrado, nominados polo seu proxecto Probeta. Como recordaredes, tratábase dun nada convencional programa de formación para deseñadores novos no que os tres estudios colaboraban no desenvolvemento do proxecto persoal dos participantes. Os proxectos tiñan a singularidade de que debían reunir as tres facetas do deseño en que cada unha das empresas traballa: deseño industrial, deseño gráfico e deseño web. E na edición deste ano, as deseñadoras seleccionadas foran Susana Ríos, Antía Carbajo e María Otero. Parabéns a todos e moita sorte!

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.