Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
21 de decembro 2011

#Probeta, un programa piloto de formación para deseñadores que combina deseño industrial, gráfico e web

Tres empresas de deseño: Cenlitrosmetrocadrado, Ekinocio e A navalla suíza, suman as súas forzas para sacar adiante Probeta, un programa de formación para deseñadores nada convencional.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Este é o seu particular xeito de loitar contra a rixidez burocrática do sistema de prácticas e tamén de dar resposta ás inquedanzas de xente nova coma Susana Ríos, a moza que lles lanzou o reto, e como non, a primeira seleccionada na edición deste ano. Desde logo non se trata de prácticas ao uso porque:

  1. As persoas seleccionadas non traballarán para as empresas, senón que o farán en proxectos persoais que combinen as tres vertentes do deseño (gráfico, industrial e web) nas que están especializadas cada unha das empresas participantes, que as asesorarán ao longo de todo o proceso. 2. As 64 horas de formación desenvolveranse en cada un dos tres estudios, de forma rotatoria: a primeira semana en Ekinocio, a segunda na Navalla suíza e finalmente a terceira en Cenlitrosmetrocadrado. 3. A cantidade simbólica que terán que pagar os participantes no programa de formación será 1 euro. 4. Os deseñadores beta terán a oportunidade de aprender do proceso de traballo real de tres estudios moi heteroxéneos, mentres que os profesionais poderán entrar en contacto con xente coa que poden traballar nun futuro e beneficiarse do intercambio ideas e experiencias cos que están iniciando a súa andaina profesional. O prazo para inscribirse comezou o 1 de decembro e estará aberto ata o 6 de xaneiro. Toda a información sobre o proxecto e inscrición en:

http://anavallasuiza.com/probeta/

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.