Programa do taller de edición e xestión de revistas de arte experimentais
O taller de edición e xestión de revistas de arte experimentais impartido por Pepe Murciego (La Más Bella) combinará teoría e práctica.
**•**Introdución Análise reflexiva dos soportes editoriais (revistas, libros, obxectos, híbridos...) como posibles ferramentas de creación artística: análise de exemplos do ámbito español e latinoamericano e repaso da traxectoria da revista La Más Bella.•**Estratexias de autoedición Análise do proceso de xestación, produción e socialización das edicións da revista La Más Bella.•Proposta práctica Creación dunha edición especial de La Más Bella, seguindo os mesmos pasos que La Más Bella segue en cada un dos seus proxectos: 1. Discusión do nome da edición e do seu contido teórico ou conceptual 2. Discusión do formato/colector para a edición (proposto por La Más Bella) 3. Estudo, selección e valoración dos posibles contidos propostos polos alumnos 4. Elaboración dos contidos 5. Produción, manipulación e acto de presentación da edición final *** Creación de contidos para a edición La Más Bella desenvolverá cos alumnos as mesmas estratexias que adoita pór en práctica na procura e elaboración de contidos para a súa revista:
- O traballo creativo persoal dos asistentes ao taller La Más Bella é unha revista que se nutre de colaboracións, polo tanto pedirésmoslles aos alumnos que traian con eles os seus traballos de calquera tipo e en soportes distintos: vídeos, arquivos dixitais, obras sobre papel, fotografías, etc. Todos aqueles traballos artísticos persoais e que lles gustaría ver publicados.
- O contorno Calquera elemento do noso contorno pode ser intelectualizado e incorporado á nosa produción editorial. O contorno urbano ofrécenos posibilidadaes infinitas para a mirada, a reflexión e a obtención de elementos, obxectos, imaxes, etc. Materia prima que se pode incorporar á edición.
- A achega de La Más Bella A nosa achega tentará ir un pouco máis lonxe da dun mero editor/observador e implicarémonos creativamente á hora de lles propor contidos ou alternativas aos colaboradores que racionalicen ou enriquezan as súas propostas.