Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
18 de xullo 2011

Publicada no BOE a convocatoria dos Premios Nacionais de Deseño 2011

Desde o pasado 14 de xullo, o día seguinte á publicación no BOE da convocatoria, permanece aberto o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios Nacionais de Deseño 2011 nas súas dúas modalidades: profesional e empresa.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Poderán ser candidatos na modalidade profesional, os profesionais ou equipos de profesionais de nacionalidade española, independentemente do país en que desenvolvan a súa actividade, con:

a) Traxectoria constante, recoñecida e notoria tanto entre outros profesionais do deseño, coma no mercado e nos medios de comunicación durante un mínimo de 15 anos. b) Achega amplamente recoñecida ao progreso do deseño e a innovación españois, mediante publicacións, actividades de investigación ou docencia.

Na modalidade empresas, as empresas con maioría de capital privado que actúen en España, con:

a) Traxectoria consolidada e amplamente recoñecida no campo do deseño de polo menos 10 anos. b) Utilización do deseño para a innovación. c) Coherencia na estratexia empresarial e resultados positivos no mercado. d) Calidade conceptual e técnica nos seus produtos e xestión. e) Beneficios en sustentabilidade logrados a través dun uso eficiente do deseño e do seu proceso. f) Capacidade para transmitir valores á sociedade e contribuír á promoción e valorización do deseño.

As candidaturas deberán ser presentadas por persoas ou institucións distintas ao candidato. A contía A contía dos Premios Nacionais de Deseño na modalidade profesional é de 30.000 euros, mentres que na modalidade empresa teñen unicamente carácter honorífico. Data límite O prazo para a presentación de candidaturas remata o 16 de setembro. Descarga a convocatoria do BOE en PDF:

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.