Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
2 de marzo 2009

Remata con gran éxito o taller de tipografía "o ollo na rúa"

Clausúrase o obradoiro de tipografía O ollo na rúa coa presentación das intervencións tipográficas realizadas polos participantes.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O sábado 28 de febreiro rematou no CGAC o taller de tipografía “o ollo na rúa”. Os 35 alumnos presentaron nese día os seus traballos froito do traballo en grupos durante catro días de inspección e rastrexo urbano polas rúas compostelás; todos eles levaron a cabo intervencións tipográficas nas rúas e parques compostelanos: Porta do Camiño e Casas Reais, Parque de Bonaval, Parque de Belvís, Pelamios e nas portas dalgunhas das igrexas da zona monumental. Tanto profesores, Enrique Longhinoti e Hernán Ordoñez, como alumnos quedaron moi satisfeitos coa actividade. A tónica dende o primeiro día, en palabras dos asistentes, foi estupenda; xerando un moi bo clima de traballo que se viu reflectido na calidade dos traballos presentados. web

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.