Novas

Revival tipográfico. A herdanza suíza no século XXI

O ciclo das #charlasnaDAG continúa na Trisca e esta semana cunha protagonista moi especial: a tipografía, e en concreto, as tipos san serif. Para falarnos delas, da súa orixe, da súa época de esplendor co Estilo Suízo Internacional e tamén do fenómeno revival e das reinterpretacións posteriores estará Marcos Dopico, todo un especialista no tema, sobre o que recentemente publicou Arqueología tipográfica. La evolución de los caracteres de palo seco.

Ficha da 2º charla:

Título: Revival tipográfico. A herdanza suíza no século XXI

Deseñador convidado: Marcos Dopico, profesor de Deseño na Universidade de Vigo

Hora: 19.00

Día: mércores, 19 de outubro de 2011

Lugar: Centro sociocultural A Trisca Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Máis información en: info@asociaciondag.org ou no teléfono 691 230 421

Descarga o programa das #charlasnaDAG: