Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
21 de decembro 2010

Se non queres caldo...

A AFEDA (Asociación para o Fomento da Encadernación de Arte), en colaboración co Museo das Peregrinacións de Santiago e co financiamento da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia convoca un Concurso Internacional de Deseño e Encadernación para un libro do peregrino no que os deseñadores teñen que pagar por participar.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Convocatorias coma esta semella que confirmen que no tema dos concursos de deseño sempre se cumpre a lei de Murphy. Neste caso, non só se recorre á fórmula dun concurso, no que se lles pide aos participantes que deseñen, constrúan e encadernen o Libro do peregrino de balde, senón que por riba deben aboar unha cota de 125 euros por participar e facerse cargo eles mesmos dos gastos de devolución das obras.

A Asociación Galega de Deseñadores laméntase de que iniciativas coma esta, que non fan máis que contribuír a perpetuar ideas como a de que calquera pode deseñar ou a de que o traballo do deseñador non ten valor ningún -todos deben enviar propostas polas que non percibirán remuneración- se financien con cartos públicos.

A isto aínda cómpre engadir o descoñecemento do medio que amosan os convocantes. Cuestións como a imaxe a ou a identidadedunha institución, empresa... resultan vitais hoxe en día e, xa que logo, deben ser abordadas dun xeito profesional e serio.

Convocatoria do Concurso peregrino

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.