Subvencións para o fomento da propiedade industrial en Galicia e a súa tramitación
O pasado 26 de xullo de 2011 a Consellaría de Economía e Industria publicou no DOG as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
Na convocatoria para este 2011 están previstas axudas ás empresas para a protección das invencións desenvolvidas por empresas en Galicia, así como para a protección dos deseños industriais creados polas empresas galegas ou para o rexistro de signos distintivos que vaian utilizar para a comercialización dos seus produtos.
Con este apoio financeiro, a Consellaría pretende contribuír á equiparación da actividade rexistral do tecido empresarial galego co resto do Estado español e, consecuentemente, á mellora das condicións de competitividade de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de novembro, pero ata o 30 de setembro e con motivo da Campaña Marcas 2011 que o despacho de Zoila Gulín acaba de poñer en marcha, os socios da DAG poden beneficiarse de prezos especiais nas solicitudes de marca española e comunitaria. As tarifas aplicables serían as seguintes: Marca española Solicitude (inclúe 1 clase): 350 euros (+IVE) Cada clase adicional: 120 euros (+IVE) Marca comunitaria Solicitude (inclúe ata 3 clases): 1500 euros (+ IVE) Cada clase adicional: 180 euros (+IVE) Ademais, só durante este período xestiona sen cargo adicional as axudas de propiedade industrial correspondentes ás marcas solicitadas dentro da campaña. Estas subvencións a fondo perdido cobren o 70% dos gastos derivados da tramitación de marcas e outros títulos de propiedade industrial, e poden ser beneficiarias as empresas de carácter privado establecidas en Galicia.
Datos de contacto de Zoila Gulín: Praza de Santo Domingo 5, 3º 27001 Lugo Teléfono: 34 617 281 335 Mail: zgulinb@avogacia.org
Consulta toda información no enlace á páxina da Consellaría de Economía e Industria
