Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
11 de decembro 2024

Tania Villamarín Premio Extraordinario de Ensinanzas Profesionais

A socia ​Tania Villamarín foi recoñecida recentemente co Premio Extraordinario nas Ensinanzas Profesionais de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Fotografía: Tania Villamarín

Estes premios, convocados pola Xunta de Galicia, están dirixidos ao alumnado que finalizou as ensinanzas profesionais de Música, de Danza de Artes Plásticas ou Deseño, nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia durante ese curso. Tal é o caso da nosa asociada Tania Villamarín que se titulou recentemente no Ciclo Formativo de Grao Superior de Cerámica Artística na EASD Ramón Falcón de Lugo.

En 2015, Tania Villamarí​n​ graduouse en Deseño pola Universidade Complutense de Madrid e desde entón exerce como profresional ​desenvolvendo proxectos de naming, identidade visual, embalaxe, web, deseño editorial e fotografía de produto.​

Cómpre destacar tamén que recibiu un Premio Laus Bronce en 2016 polo seu proxecto fin de carreira e un Premio Extraordinario no Grao en Deseño no 2015 na Facultade de Belas Artes da UCM.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.