#trends&creativity: deseño, creatividade e innovación
O deseño, a creatividade e a innovación serán os protagonistas da Trends&Creativity que se celebrará o vindeiro venres, 4 de novembro, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
As xornadas que promove o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego e mais a Consellaría de Economía e Industria, nesta segunda edición divídense en dúas sesións: as mañás dos expertos e as tardes das boas prácticas, co fin de ofrecerlles aos asistentes unha visión do panorama da edición, o marketing e o social media, e presentarlles ademais casos prácticos de xestión de comunidades virtuais, iniciativas de éxito ou novas aplicacións. A xornada do venres, 4 de novembro, desenvolverase de 09.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h e contará coa participación de: Nas mañás dos expertos - Antonio Almenara (@linkingheads). Linking Heads - Rubén Anadón (@mrdelarge). Director de arte de DRAFTFCB e profesor da Elisava - Borja Piñeiro (@BCD_barcelona). Técnico de Barcelona Centre de Disseny Nas tardes das boas prácticas - Modera Jaime Conde, director xeral de Quattro idcp (@jaime_conde) - Iago Becerra, xefe de vendas en Bodegas Terras Gauda (@TerrasGauda) - Cenlitrosmetrocadrado, estudio de deseño e comunicación de Santiago de Compostela (@Cenlitros) - Ismael Faro, Duplo Studio Como novidade nesta II edición, as Trends&Creativity incorporan á programación un obradoiro de carácter práctico sobre publicacións electrónicas o día 2 e o 3 de novembro, no que se abordarán temas como a maquetación, estrutura e estándares das ePub ou o emprego de formatos como mobiPocket ou Calibre. Horario Mércores 1 e xoves 2 de novembro De 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 (mércores) De 09.00 a 14.00 (xoves) Contidos 1. O libro electrónico 2. Creación de libros con procesadores de texto 3. Maquetación en Adobe InDesign 4. Estrutura e estándares 5. Outros formatos: PDF, mobiPocket, Calibre... 6. Conversión entre formatos 7. Diferenzas ePub e mobiPocket As xornadas son abertas e de balde, previa inscrición.
Máis información en: II edición do ciclo Trends&Creativity
