Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
26 de setembro 2022

Últimas semanas para inscribirse ao 10º ENAD

As inscricións ao 10º Encontro Nacional de Deseño están abertas desde agosto a través da web www.designread.es/10enad, e máis da metade de prazas xa están cubertas; polo que cómpre que aquelas persoas que aínda non estean inscritas o fagan para poder participar das mesas de traballo e de todas as actividades que temos organizadas. ​​​​

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

​Este ano a cidade de Pontevedra acolle o 10º Encontro Nacional de Deseño, o segundo que se desenvolve en Galicia e o último tamén, pois​ a partir de 2023 será Cuenca Diseño quen recolla a presidencia de READ e, polo tanto, a organización do evento.​

A sede principal do encontro, onde se desenvolverán as conferencias, presentacións de proxectos e mesas redondas das xornadas matinais, é o auditorio do Museo de Pontevedra, sito no Edificio Castelao. Mais existen outros puntos na cidade de Pontevedra onde se organizan actividades paralelas de interese:

  • Conferencia sobre o Código ​​deontológico del diseño READ, na Facultade de Comunicación (Campus CREA), xoves 20 de outubro ás 18:30 h.
  • «Intervención Transitar lo impensable», no triángulo de Gráficas en Negr​o​ sito na Avda. de Montero Ríos, o venres 21 ás 20:00 h.
  • Presentación de proxectos «Diseñando hilos sostenibles con la artesanía y la moda», ​no Convento de Santa Clara, sábado 22, ás 19:00 h.​
  • Visita guiada pola cidade ata a «Illa das esculturas», domingo 23, de 11:00 a 13:00 h (previa inscrición).

Ademais dos compañeiros e das compañeiras das trece asociacións de deseño que conformamos READ, acudirán profesionais de diferentes disciplinas e entidades, tanto públicas como privadas; profundaremos sobre o deseño e a planificación das cidades que habitamos, e poremos en común novos conceptos de convivencia e de crecemento social, pensando no respecto ao medio e na integración de todo tipo de colectivos.

​​O encontro conta cunha nova experiencia da man de València Capital Mundial do Deseño 2022. Así, tanto o venres 21 como o sábado 22 de outubro, de 9:00 a 14:30 h, será posible seguir o 10º Encontro Nacional de Deseño desde o Ágora Valéncia, pavillón sostible en pleno corazón da cidade de Valencia, na praza do Concello, abrindo charlas, debates e conferencias ao público en xeral.

O 10º ENAD está patrocinado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación GAIN, e polo Concello de Pontevedra. Conta ademais coa colaboración de​ Artesanía de Galicia, Acción Cultural Española, a Deputación de Pontevedra, o Museo de Pontevedra, Valencia Capital Mundial do Deseño e da Universidade de Vigo.

De existir algún cambio na progamación comunicarase a través da web do evento. Recordamos que para participar deste 10º ENAD é necesario inscribirse previamente.

Vémonos o 21 e 22 de outubro en Pontevedra!​​

Web 10º ENAD e inscricións
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.