Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
17 de setembro 2012

Últimos días para enviardes os vosos traballos tipográficos a Typo_mad 12

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Só quedan un par de días para que finalice o prazo de recepción de traballos para a exposición Typo_mad 12 que terá lugar na Central de Deseño /DIMAD de Matadero Madrid e que pretende reunir nunha mostra os mellores traballos tipográficos realizados nos últimos dous anos nas seguintes categorías: libro, catálogo, deseño editorial, revista (portada e páxinas interiores), folleto, reportaxe anual, calendario, sinalización, embalaxe, cartel, identidade visual corporativa, papelaría, logotipo, dirección de arte, campaña promocional, sitio web, títulos de película, cortinas para TV, anuncio de televisión; deseño de tipografías: tipografías, lettering (ilustración tipográfica), caligrafía, dingbats; proxectos emerxentes: investigacións e proxectos de fin de carreira. Para participar, selecciona o teu mellor traballo tipográfico e preséntao antes do 19 de setembro de calquera destas tres maneiras: -Persoalmente na Central de Deseño -Por correo / mensaxeiro -Dixitalmente (consulta en info@dimad.org) Lugar Oficina de DIMAD na Central de Deseño de Matadero Madrid Att. Yetta Aguado Ref. Typo_mad Central de Deseño / DIMAD de Matadero Madrid Pº de la Chopera, 14 28045 Madrid Máis información en: http://www.dimad.org/node/988

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.