Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
20 de xuño 2012

Últimos días para inscribirse na BID12

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Só quedan uns días para que se peche o prazo de inscrición para participar na BID_12, a edición da Bienal Iberoamericana de Deseño que organiza a Central do Deseño e mais DIMAD co fin de dar a coñecer as propostas máis representativas, destacadas e innovadoras do deseño en Iberoamérica. Neste ocasión, están convocados profesionais do deseño de 22 países iberoamericanos, entre os que a organización outorgará ata un total 119 premios (5 por país e nas seguintes categorías: deseño de espazos e interiorismo, deseño industrial/produto, deseño gráfico, deseño de moda, téxtil e complementos, deseño dixital). No caso español, o comité asesor está integrado por Alberto Corazón, Manuel Estrada e Pedro Feduchi. Á parte dos premios, os traballos seleccionados e premiados serán obxecto dunha exposición que poderá visitarse entre o 26 de novembro de 2012 e o 28 de febreiro de 2013 na sede de DIMAD, na Central do Deseño en Matadero Madrid, e que posteriormente viaxará por países coma Colombia, a Arxentina, Paraguai, O Brasil ou Portugal. Así mesmo, está prevista a realización de mesas redondas, conferencias e obradoiros nos que se exporán e se discutirán as novas ideas ao redor do eixe desenvolvemento, deseño e sustentabilidade. O prazo para inscribirse remata o vindeiro 30 de xuño e o custo será de 59 euros, a tarifa normal, e de 50,15 euros, a tarifa con desconto do 15% para membros de asociacións. Máis información en: BID12, III Bienal Iberoamericana do Deseño Descarga as bases:

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.